a xanela do maxin
contacto volver a inicio

 

Espectáculo: A Pequena Lúa

 

 


Sinopse: A Pequena Lúa trátase dunha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

Nesta historia o noso protagonista, un gato viaxeiro, poeta, bohemio e moi chicharacheiro coñece á gatiña Lúa e xuntos, con cariño e comprensión descubrirán os segredos da vida. Aprenderán que con versos e moita ilusión se pode superar calquera dificultade.

- Duración: 50 min.

- Público: Familiar

- Ficha Artística: Manipuladora: Celtia Figueiras. Decorados: Sergio David Perdiguero. Títeres: A Xanela do Maxín. Son e Iluminación: Luis Vallecillo. Música: A Xanela do Maxín. Director: Luis Vallecillo. Autores: Celtia Figueiras e Luis Vallecillo

a pequena lúa a pequena lúa
Descarga o dossier de "A Pequena Lúa"
  dossier a pequena lúa
 

Volver a Espectáculos »