
|
Descrición: Neste obradoiro, como o seu propio nome indica, traballase a comunicación e expresión aplicando técnicas teatrais utilizando fundamentalmente marionetas e títeres, posto que a través deles os nenos e nenas rompen a barreira que ás veces existe á hora de comunicarse con outras persoas (sexa por timidez, vergoña ou reparo), favorecendo deste xeito a fluidez, a creatividade e a imaxinación, tan importantes para poder expresar pensamentos, ideas ou sentimentos. O obradoiro pode ser dunha sesión curta ou estenderse no tempo en diferentes sesións co mesmo grupo. Evidentemente, cantas máis sesións, mellor e máis sólido será o resultado. Ademais de enriquecer o vocabulario, dotar de fluidez as conversacións e desenvolver conceptos cada vez máis complexos, este tipo de exercicios mellora a relación cos demais e a gañar en autoestima.
- Duración: 60 min. (ampliables a varias sesións por grupo, dependendo das necesidades) - Idades: Comprendidas entre 5-11 anos, 12-15 anos ou 16-18 anos. - Nº máximo de nen@s: Entre 10 e 15
Volver a Obradoiros » |