a xanela do maxin
contacto volver a inicio

 

Obradoiro: Creatividade Literaria Adultos

 

 


Descrición: Neste obradoiro plantexamos a escritura como unha actividade sinxela na que se fomenta e desenvolve a parte creativa de todos e cada un dos asistentes.

O que facemos e crear un espazo onde as ideas xurdan e se enriquezan con ferramentas e técnicas nas que están moi presentes o debate e a reflexión. Un lugar onde as historias creadas poidan ser dotadas de estructuras co fin de que sexan claras e atractivas tanto para o escritor como para, por suposto, o lector.

Tentaremos, en definitiva, que cada asistente descubra nel o escritor ou creador que todos levamos dentro e abrindo desta forma unha porta que os anime a escribir, porque soamente así se rematará de desenvolver a habilidade e a destreza que caracteriza aos grandes autores pero buscando o toque persoal e íntimo de cada un.

O obradoiro poderíase plantexar de diferentes xeitos e con distintas duracións dependendo das necesidades.

 

 -Idades: Comprendidas entre 19 e 99 anos.

- Nº máximo de asistentes: Entre 15 e 20.

 

Volver a Obradoiros »