
|
Descrición: O obxectivo final deste obradoiro é fomentar a creatividade á hora de escribir un conto, poesía, teatro... para o que utilizamos unha serie de técnicas adaptadas ás idades dos participantes. Trataremos entre todos de crear unha historia común, tendo sempre en conta que ese non é o fin último da actividade, se non o medio que utilizamos para que xurdan ideas orixinais e imaxinativas, descubrindo, desta maneira, habilidades e aptitudes que levan dentro e que poden ir traballando pouco a pouco. Ademais, utilizaremos un proxector para que en todo momento poidan ir vendo a historia que eles mesmos van creando sen que escribilo a man sexa imprescindible e podendo concentrarse ao máximo no proceso de creación.
- Duración: 50-90 min. - Idades:Comprendidas entre 5-11 anos, 12-15 anos ou 16-18 anos. - Nº máximo de nen@s: Entre 20 e 30 Volver a Obradoiros » |