
|
- Dramaturxia: Que non pretende máis que ser unha introdución ao complexo mundo da creación literaria para teatro de títeres da forma máis sinxela e práctica. - Manipulación: Neste apartado traballaremos cunha gran variedade de actividades, unha verdadeira gama de exercicios nos que resolveremos cuestións sobre manipulación, movemento e voz. - Fabricación: Faremos que pintando e improvisando, inventando obxectos e personaxes, debatendo e escribindo, os nenos y nenas tomen conciencia das súas propias posibilidades expresivas e creativas, para, a continuación, traballar elaborando bosquexos e finalmente fabricar e construír todo o necesario para poñer na escena dunha función. - Son e Iluminación: O que se pretende con isto é introducir ás nenas e nenos na elección, formación ou deseño, tanto de bandas sonoras como de iluminación teatral dunha maneira amena e sinxela. Finalmente, en caso de realizarse tres destes catro obradoiros cabe a posibilidade de realizar un último apartado de 8 horas de maneira completamente gratuíta, no que, aplicando os coñecementos adquiridos, montaremos un espectáculo que incluso se pode representar ante o público unha vez rematado o curso.
|