Print this Páxina

inicio

A Xanela do Maxín é unha compañía de monicreques profesional que comeza a súa andadura no 2007 coa creación e representación do espectáculo Chincha Rabincha.

Dende un principio os nosos grandes obxectivos foron os seguintes:

– Presentar propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil.

– Crear espectáculos propios e orixinais onde estivesen presentes valores como a tenrura, o respecto, a igualdade, a perseveranza…

– Realizar diversos obradoiros potenciando a dimensión creativa, o desenvolvemento da conciencia estética e a importancia do proceso de traballo.

.


Permanent link to this article: http://www.axaneladomaxin.com/gl/