a xanela do maxin
contacto volver a inicio

 

Espectáculo: Só Lles Falta Falar

 

 


Sinopse: Aos cans só lles falta falar, iso é o que opinan os socios do clube que leva ese mesmo nome: “Só Lles falta Falar”. Un clube de cans de familia que nos abre os ollos respecto ao complexo mundo dos cans e nos axuda a entendelos e a comunicarnos con eles aínda que non teñan a capacidade de verbalizar.

Esta obra é un traballo conxunto entre a nosa compañía e o clube, na que a especialista en conducta animal María Sabell aporta a súa experiencia e coñecementos, dándonos as pautas dalgúns comportamentos entre cans e humanos que, ás veces, levan ao abandono e ao maltrato duns animais cuxa entrega e lealtade son incondicionais.

Web do Clube: www.sollesfaltafalar.org


- Duración: 50 min.

- Público: Familiar

- Ficha Artística: Manipuladores: Luis Vallecillo e Raquel Queizas. Especialista en conducta animal: Maria Sabell. Deseño e construcción: A Xanela do Maxín e Maika Rama. Son e Iluminación: Luis Vallecillo. Música: A Xanela do Maxín. Directora: Celtia Figueiras. Autores: Celtia Figueiras e Maria Sabell.

donos_sollesfaltafalar cans_sollesfaltafalar
Descarga o dossier de "Só Lles Falta Falar"
dossier so lles falta falar  
 

Volver a Espectáculos »